O novo sistema de recollida de residuos da hostalaría de Santiago funciona "con moita normalidade", segundo o alcalde

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2023 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

O novo sistema de recollida de residuos da hostalaría de Santiago "está a funcionar con moita normalidade e colaboración", segundo o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.

O obxectivo, segundo sinalou en rolda de prensa este venres, é "non dalo por pechado", senón que "se hai elementos que hai que corrixir ou mellorar, facelo". Todo iso, para que en Semana Santa "estea normalizado", isto é, corrixido no caso de que haxa que facer algunha corrección, de modo que cando a demanda turística sexa alta "o servizo estea a funcionar de forma óptima".

Colectores sobordan de lixo
Colectores sobordan de lixo | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta