Máis de 980 casos activos de Covid en Galicia e 129 pacientes ingresados

Hai tres persoas en coidados intensivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2023 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid ascenderon nas últimas horas a 985, fronte aos 971 notificados este venres pola Consellería de Sanidade. Así mesmo, os hospitais galegos suman nove pacientes ingresados e alcanzan os 129. Deles, 126 están en planta e tres en unidades de coidados intensivos.

Segundo os datos ofrecidos polo Sergas recollidos ata as 18,00 horas do venres, actualmente hai en Galicia 985 casos activos de Covid, 14 máis que os notificados o día anterior, e rexistráronse 71 contaxios novos nas últimas horas.

Por áreas sanitarias, a da Coruña e Cee presenta o maior número de casos activos, con 202 enfermos (11 máis que hai un día); na área de Santiago e Barbanza hai 184 casos activos (tres máis); na área de Ourense, hai 177 persoas rexistradas con Covid (10 máis); na área de Lugo, Monforte e A Mariña hai 123 casos (catro menos); na área de Vigo son 119 casos activos (dous menos); na de Pontevedra, 107; e na Ferrol hai 73 casos (tres máis).

Ademais, do total de persoas que pasan a enfermidade, hai 129 hospitalizados: 126 en unidades convencionais e tres en unidades de coidados intensivos. Deles, 34 están en centros hospitalarios da área sanitaria da Coruña; 28, na de Santiago; 16, na de Lugo; 16, na de Vigo; 14, na de Pontevedra; 10, na de Ourense; e 11, na de Ferrol. Desde o inicio da pandemia, curáronse do Covid 690.266 persoas e administráronse máis de 7,6 millóns de doses da vacina contra a infección.

Grupos de comensais sentados nunha terraza dun establecemento en Vigo / Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press / Europa Press
Grupos de comensais sentados nunha terraza dun establecemento en Vigo / Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta