A CRTVG reduce o seguimento da folga ao 28% e destaca as diferencias entre traballadores e o comité de empresa

Confirma que afectou ao programa A Revista, na TVG; Zigzag no TVG2 e o Diario Cultural e Ao Contraataque na Radio Galega.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/03/2023 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

A CRTVG resta importancia á folga que este luns, 6 de marzo, se está a levar a cabo nos medios da corporación pública para denunciar a "manipulación informativa" e o "maltrato laboral e psicolóxico" ao conxunto dos traballadores e traballadores. "O seguimento foi do 28% (27,7%), o que supón que máis do 70% (72,3%) do persoal non secundou á folga", indica nun comunicado remitido a Galicia Confidencial.

Protesta dos traballadores e traballadoras da CRTVG
Protesta dos traballadores e traballadoras da CRTVG | Fonte: Defende a Galega

Así, destaca que a protesta afectou ao programa A Revista, na TVG; Zigzag no TVG2 e o Diario Cultural e Ao Contraataque na Radio Galega. Ademais, o ente público suliña que a folga non estaba convocada por todas as forzas sindicais con representación na CRTVG -- está apoiada pola CIG, CUT, CIG e CC.OO. e non pola USO-- e que "os servizos mínimos foron exactamente os mesmos que en anteriores convocatorias".

"A CRTVG quere expresar de novo o respecto polo dereito de convocar unha folga que detenta a parte social, ao mesmo tempo que pide respecto tamén para o máis do 70% do persoal que non secunda a mesma", indica.

PROBLEMAS COS TRABALLADORES

Ademais desde a dirección da CRTVG puntualizan que a a parte maioritaria do Comité de Empresa que convoca esta folga "negouse a cumprir co mandado da Asemblea de Traballadores o pasado mes de abril (votado a favor polo 95% da Asemblea)". Unha asemblea lembra que pedía a consolidación do 100% do cadro do persoal. "Dito proceso de consolidación (OPE) está agora paralizado precisamente por recursos da parte social. O presidente do Comité de Empresa dimitiu este pasado mes de febreiro por iso", indica no comunicdo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta