Recollen firmas para pedir ao Sergas que atrase as oposicións de Enfermaría ante o adianto a xuño

Sinalan que as probas, previstas para despois de verán, "foron adiantas a xuño"

Por E.P. | Galicia | 09/03/2023 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

O sindicato de enfermeiros Satse emprenderá unha recollida de firmas para reclamar ao Sergas que atrase os exames do concurso-oposición de Enfermaría, xa que "nun principio estaba previsto" que se celebrasne despois de verán pero a semana pasada a Xunta fixounos para a terceira semana de xuño.

A secretaria xeral de Satse en Galicia, Malules Carbajo, advirte nun comunicado que "podería haber ao redor de 10.000 enfermeiras e enfermeiros afectados" polo "adianto" destas probas, porque "moitas" solicitarían as súas vacacións para esas datas, "co que non haberá suficientes substitutos".

Outro dos "problemas" que provoca esta decisión, engade Satse, é que os prazos que deu o Sergas están "tan próximos uns doutros, que o concurso de méritos vaise a resolver tan só uns días antes da data de exame".

"Por tanto os profesionais que poidan coller a praza por méritos, e que estarían exentos de ter que estudar o exame, van saber que teñen praza por méritos pouco antes de facer o exame. Algo que nos parece moi inxusto e sen sentido", critica o sindicato.

CLASIFICACIÓN DE ENFERMEIROS E FISIOTERAPEUTAS

Así mesmo, o sindicato solicitou ao Parlamento Europeo que abra un procedemento formal de infracción contra o Goberno español pola "discriminación e desigualdade" que supón que enfermeiros e fisioterapeutas sigan encadrados na clasificación profesional A2 cando outros profesionais coa mesma titulación universitaria están no subgrupo A1.

O feito de pertencer ao subgrupo A2 impídelles poder acceder a postos de xestión e dirección de alto nivel, como poden ser as xerencias de áreas e centros sanitarios, por exemplo, ou a grupos de investigación e docencia.

Protesta de enfermeiras e fisioterapeutas convocada por Satse diante do Sergas en Santiago
Protesta de enfermeiras e fisioterapeutas convocada por Satse diante do Sergas en Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta