En alerta laranxa todo o litoral galego por temporal costeiro este luns

Espéranse ventos do oeste ao noroeste de forza 8 e ondas de ata sete metros

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 12/03/2023 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta activou a alerta laranxa para este luns por temporal costeiro en todo o litoral galego.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso comeza este luns a partir das 9,00 horas e estenderase a toda a costa. Espéranse ventos do oeste ao noroeste de forza 8 e ondas de ata sete metros.

A borrasca deixará tamén refachos de vento en nivel de alerta amarela na franxa costeira e no interior das provincias da Coruña e Lugo, así como na montaña de Pontevedra.

Arquivo temporal na costa
Arquivo temporal na costa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta