Retiran anuncio "ofensivo" co acento galego

Vivus, unha compañía de préstamos en liña, comunica que non emitirá máis a cuña radiofónica na que se comparaba o acento do país coa forma de falar dos lemures. Audio no interior.

Por M.V. | Madrid | 22/01/2015 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

A compañía de créditos en liña Vivus levaba semanas anunciándose coa seguinte 'cuña' radiofónica, que desatou certa polémica nas redes sociais.

Captura dun anuncio de Vivus cun lemur como protagonista
Captura dun anuncio de Vivus cun lemur como protagonista

O motivo da discusión é o diálogo que inicia o anuncio, no que se fai burla do acento do país: 

"- Mira un lémur me ha recomendado que pida un micropréstamo en vivus.es y me acaban de mandar 300 euros.

- Un lémur?

- Si, esos monitos con los ojos azules.

- Ya se lo que es un lémur, lo que me extraña es que hablen.

- Uy, y no veas que acento gallego tenían".

O blogueiro autor da bitácora "Cousas de iMeneo" animou a lanzar unha campaña na rede contra o "ofensivo" reclamo comercial, argumentando que "hoxe compárannos cun mono mañá a saber con que" e relacionándoo con polémicas pasadas sobre o caracter galego desatadas ao fío de declaracións de persoeiros como Pedro Almodovar ou Rosa Díez.

Poucas horas despois, Vivus, que soe empregar animais exóticos nos seus anuncios, reaccionaba á queixa anunciando a retirada do anuncio:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

2 Nolte

Para a practica da usura todo vale, ata recoñecer que "A modo de ejemplo, para un préstamo de 100 euros a 30 días, los intereses serían de 20 euros, lo que equivale a una TAE del 819%", segundo aparece na derradeira liña da web de Mortus. Manda güevos cos lexisladores que temos que fan legala usura

1 @Bonmatuit

Pois o tal mono de ollos reboutados tiña "acento gaiego", non "gallego", segundo os actores mesetarios. Vai ser cousa do acento.