Apartan ao párroco do Carballiño investigado por agresións sexuais a dúas sobriñas menores

A Diocese de Ourense amparouse nos protocolos vixentes da Santa Sé da Confederación Episcopal Española para tomar tal decisión

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2023 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

O Bispado de Ourense decidiu apartar preventivamente ao sacerdote do Carballiño das parroquias que tiña encomendadas e doutras tarefas tras coñecer que está investigado xudicialmente por supostas agresións sexuais a dúas sobriñas, cometidas cando ambas eran menores de idade.

A Diocese de Ourense emitiu un breve comunicado no que indican que, tras recibir a noticia de que un presbítero con cargo pastoral "está incurso nunhas dilixencias xudiciais por agresión sexual", decidiron apartalo preventivamente.

Ampáranse nos protocolos vixentes da Santa Sé da Confederación Episcopal Española para tomar tal decisión, afastando ao sacerdote de "as parroquias que tiña encomendadas e doutros oficios e tarefas pastorais que realizaba".

A Diocese manifesta a súa "total dispoñibilidade a colaborar" coa xustiza, pero sinala que, "por respecto ás actuacións xudiciais en curso, á intimidade das vítimas e á persuasión de inocencia do investigado", non realizará ningunha manifestación adicional ata que finalice o procedemento.

É o Xulgado de Instrución Número1 de Ourense o que investiga ao párroco de varias parroquias da zona do Carballiño por supostas agresións sexuais ás dúas sobriñas. En concreto, o home acudiu a declarar aos xulgados ourensáns este sábado, acompañado por un avogado, onde fora citado como investigado por estes delitos.

Tras a dilixencia, o xuíz imputoulle a prohibición de achegarse ás dúas sobriñas ou de comunicarse con elas, así como de saír do territorio nacional polo que se lle retirou o pasaporte e debe realizar comparecencias quincenais no xulgado.

Cura - Motopasión
Cura - Motopasión

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta