Críticas polo atraso dun novo tren entre Vigo-A Coruña

Foi o das 06,40 horas da mañá que saía desde a cidade olívica.

Por E.P. | VIGO | 15/03/2023 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

Un "incidente técnico puntual" no tren que partía de Vigo á Coruña ás 06,40 horas deste mércores provocou atrasos de máis dunha hora para decenas de viaxeiros.

Segundo fontes de Renfe consultadas por Europa Press, esta foi a causa que motivou que ese convoi non chegase a partir da estación olívica á súa hora, senón que saíu encadeado ao seguinte tren das 08,00 horas, polo que os viaxeiros tiveron que esperar unha hora e 20 minutos.

Con todo, a compañía ofreceu tamén aos usuarios interesados subir no tren rexional que realizaba o traxecto Vigo-Santiago ás 06,57 horas, no canto de esperar ata as 08,00 horas pola media distancia.

A pesar de facer máis paradas, foron moitos os viaxeiros os que elixiron esta opción. Ademais, o tren continuou o traxecto ata á Coruña, para tratar de remediar, na medida do posible, a situación.

Renfe indicou que agora o tren avariado será levado ao taller de reparación máis próximo para tratar de emendar o problema. Así mesmo, explicou que tamén se atrasou a viaxe de volta desta locomotora (ao non chegar a tempo á Coruña). Por todo iso, nas redes sociais varios usuarios mostraron o seu rexeitamento ante a "falta de información" sobre os motivos que provocaron o atraso do seu tren.

Varias persoas fan cola na estación de REnfe en Santiago de Compostela
Varias persoas fan cola na estación de REnfe en Santiago de Compostela | Fonte: César Argina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta