As reclamacións a Consumo aumentaron un 15% en Galicia no 2022

O Instituto Galego do Consumo e Competencia (IGCC) atendeu un total de 44.532 consultas de consumidores

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2023 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

O Instituto Galego do Consumo e Competencia (IGCC) atendeu un total de 44.532 consultas de consumidores en 2022 e destaca "a súa aposta" pola información, o que supuxo un incremento do 11% con respecto ao ano anterior.

Así o trasladou este mércores, o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado a xerente do IGCC, Sol Vázquez, coincidindo co Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras. Trenor apuntou que as reclamacións ascenderon na Comunidade un 15%, ata situarse nas 23.210.

Deste xeito, o Goberno galego destacou nun comunicado que na provincia da Coruña, que conta con oficinas do IGCC na Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol, atendéronse en 2021 un total de 28.566 consultas e 8.410 reclamacións, o que supón un incremento do 10% e do 8%, respectivamente.

Nesta liña, na provincia de Ourense atendeu 4.747 consultas de persoas consumidoras, fronte ás 3.104 do ano 2021. No caso das reclamacións, o ano pasado incrementáronse nun 49%, alcanzando as 3.287.

Na provincia de Pontevedra o servizo autonómico de Consumo durante o pasado exercicio rexistrou 10.829 consultas -un 9,5% máis que en 2021- e 8.584 reclamacións presentadas, o que supuxo un incremento do 27,6%.

O IGCC conta con oficinas no sete cidades galegas, así como co teléfono gratis 900 23 11 23. A través da web consumo.xunta.gal, as persoas consumidoras poden informarse e tramitar en liña as súas reclamacións.

ESPAZO DE INFORMACIÓN EN MONELOS

Doutra banda, presentouse o novo espazo destinado á información ao consumidor, aberto este mércores no hall do edificio da Xunta en Monelos. Este novo servizo de atención contará con dúas persoas de atención directa ao público en horario de 9,00 a 14,00 horas de luns a venres, no que se garantirá a atención presencial, telemática e telefónica con ou sen cita previa.

Varias persoas nunha rúa do centro de Santiago de Compostela, a 31 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press
Varias persoas nunha rúa do centro de Santiago de Compostela, a 31 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta