Unha decena de empresas galegas optan a 13 millóns do Perte do naval

Os proxectos céntranse na diversificación, dixitalización e sustentabilidade

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 16/03/2023 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

Asime, a patronal do metal en Galicia, e o cluster do naval galego, Aclunaga, mobilizan a unha decena de empresas no 'Perte' do sector, ao redor de 12 proxectos cun orzamento de 20 millóns de euros dos que, de saír adiante, 13 serían de subvencións.

Estes 12 proxectos están impulsados pola Sociedade para o Estudo dos Recursos Marítimos (Soermar), que é a que lidera a agrupación do proxecto 'Tecnaval 2025'. A agrupación, integrada por 26 empresas, presentou ao 'Perte' do ecosistema naval un total de 12 proxectos cun orzamento de 20 millóns de euros, dos que 13 serían subvencións.

TRES BLOQUES

Estes divídense en tres bloques: diversificación (cinco), dixitalización (tres) e sustentabilidade (catro). No bloque de diversificación, os proxectos abordan por unha banda o deseño de procesos para innovar na fabricación de prototipos para a eólica mariña e, por outro, o deseño e desenvolvemento de buques e sistemas de propulsión naval renovables.

O proxecto tractor do bloque de dixitalización busca acometer novos métodos de organización da produción, a través da implementación de tecnoloxías avanzadas e automatización e robotización nos procesos actuais de soldadura, tecnoloxías de seguimento de movementos e intelixencia artificial (IA).

No que respecta ao bloque de sustentabilidade, céntrase na procura de tecnoloxías innovadoras relacionadas coa redución da pegada e impacto ambiental do sector naval, como a captura de CO2 para a súa implementación a bordo de buques ou novos ecodiseños baseados nos principios da economía circular.

Unha reunión para axudar ás empresas do sector naval a optar aos fondos do Perte
Unha reunión para axudar ás empresas do sector naval a optar aos fondos do Perte | Fonte: Europa Press

"CLARO SINAL GALEGO"

A directora xeral de Soermar, Eva Novoa, destaca que "neste proxecto hai un claro sinal galego, froito da estreita colaboración e coordinación realizada nos últimos meses por organizacións como Asime e Aclunaga". "O resultado é que preto da metade das empresas participantes no proxecto son galegas", concreta o secretario xeral de Asime, Enrique Mallón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta