Un total de 31 pacientes reciben asistencia na nova consulta cardiorrenal da área Sanitaria de Ferrol

"Corazón e ril están moi interrelacionados e a enfermidade dun órgano aumenta a disfunción do outro", di o cardiólogo Manuel López Pérez.

Por E.P. | Cobas (Ferrol) | 17/03/2023 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Ferrol conta desde o pasado mes de xuño cunha consulta multidisciplinar cardiorrenal, na que profesionais das especialidades de Cardioloxía e Nefroloxía abordan a un total de 31 pacientes de forma conxunta.

Coa iniciativa destes dous Servizos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, a Xerencia da área sanitaria destacou que diminúen as visitas que estes pacientes teñen que facer ao centro hospitalario e se xunten todos os actos sanitarios relacionados nun só día.

Como explican os responsables desta consulta, o nefrólogo Pablo Bouza Piñeiro e o cardiólogo Manuel López Pérez, "corazón e ril están moi interrelacionados e a enfermidade dun órgano aumenta a disfunción do outro". Os factores de risco son similares, como a hipertensión, a diabetes ou a obesidade. "Trátase", matiza Pablo Bouza, "de traballar de forma coordinada para mellorar a vida do paciente".

Estes pacientes teñen características complexas e frecuentes visitas ao centro hospitalario. Deste xeito, son escollidos polos profesionais cuns criterios clínicos definidos, e o denominador común adoita ser insuficiencia cardíaca e enfermidade renal crónica avanzada.

O perfil da persoa nesta consulta coincide cun home (o 77% dos casos), cunha idade media de 70 anos. O 61% dos mesmos son diabéticos. A consulta prodúcese canto menos unha vez ao mes, e atende unha media de oito pacientes de forma integral ese mesmo día.

"A consulta multidisciplinar rompe ese comportamento estanco clásico e ofrece maior permeabilidade e transversalidade ao paciente", sinalan. "É unha forma eficiente de abordar unha patoloxía crónica cun alto impacto sanitario", sinala o nefrólogo Pablo Bouza.

A iso, o cardiólogo Manuel López engade que "o enfermo crónico complexo debe tratarse da forma máis holística posible, desde todos os puntos de vista".

O Servizo de Cardiología de Ferrol consolida o seguimento de pacientes con marcapasos en centros sociosanitarios para evitar desprazamentos ao hospital.. ÁREA SANITARIA DE FERROL
O Servizo de Cardiología de Ferrol consolida o seguimento de pacientes con marcapasos en centros sociosanitarios para evitar desprazamentos ao hospital.. ÁREA SANITARIA DE FERROL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta