Augas acusa ao Estado de atrasar o saneamento en Pontevedra por "problemas de axilidade" administrativa

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, fixo estas afirmacións respondendo unha pregunta do deputado do PP José Manuel Balseiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2023 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, advertiu da existencia de "problemas de axilidade" administrativa á hora de realizar actuacións que afectan o dominio público marítimo terrestre, de titularidade estatal, están a retardar actuacións de saneamento na ría de Pontevedra.

A resposable do ente dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade respondeu este venres a unha pregunta realizada polo deputado do PP José Manuel Balseiro sobre as accións da Xunta no saneamento da ría de Pontevedra.

Tras repasar as actuacións levadas a cabo para dar cumprimento aos requirimentos da Unión Europea que ameazaban coa imposición de sancións por problemas na depuración de augas que acaban na ría, Gutiérrez sinalou que "aínda queda moitísimo por facer para avanzar na depuración".

Así, incidiu na necesidade de ampliar a estación depuradora de Praceres para dar cumprimento á próxima directiva europa, que vai ser "moito máis esixente". Con todo, a responsable de Augas dixo que "o verdadeiramente grave" son os problemas de augas "nada tratadas" que desembocan nas rías.

Por iso, sinalou que o plan de saneamento local de Pontevedra conta con "dous focos"; por unha banda, actuar na depuradora e no emisario e, por outro, liquidar os problemas nas redes. Así, apuntou que están en marcha proxectos para actuar nos tanques de treboadas de Marín e Poio, pero que "o punto máis crítico" é o de "cocheiras" en Pontevedra.

Sobre isto, Gutiérrez dixo que a "difilcutade" é que este tanque de treboadas atópase en dominio público marítimo terrestre e que existe "un problema" de "axilidade" para as autorizacións administrativas que se realizan nestas zonas.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, en rolda de prensa xunto á directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez. CONCHI PAZ
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, en rolda de prensa xunto á directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez. CONCHI PAZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta