Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2023 | Actualizada ás 11:59
A Garda Civil do Posto de Negreira, en colaboración co Posto de Serra de Outes, invetigan a tres homes de Carballo por un suposto delito de roubo con forza nas cousas en Santa Comba.
Segundo informan nun comunicado, os feitos ocorreron cando a patrulla do Posto de Negreira realizaba labores de prevención pola vía AC400, observou un vehículo nas inmediacións dunha vivenda deshabitada en Esmorede-Santa Comba, localizando infranti a tres homes que estaban a subtraer diverso material metálico do interior da vivenda.
Por estes feitos a Garda Civil procedeu á súa identificación e posterior investigación, aprehendiéndole o material que subtraeran tras forzar a porta, así como diversas ferramentas empregadas para cometer o ilícito.
Os investigados residentes na localidade de Carballo contaban con antecedentes policiais de diversa índole.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.