Eliminado un punto de vertedura de augas residuais dunha industria en Caldas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2023 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, informou da eliminación dunha vertedura de augas residuais procedente dunha instalación industrial asentada no concello pontevedrés de Caldas de Reis.

Segundo trasladou a Xunta, este foco foi localizado no marco das inspeccións levadas a cabo por técnicos do Programa de Control de Verteduras, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia.

Deste xeito, os técnicos identificaron a existencia dunha canle de derivación anexa ao sistema de depuración das augas residuais industriais, a través da cal se podían producir achegas ao dominio público en condicións inadecuadas.

Así, ante esta deficiencia, os técnicos requiríronlle aos responsables da instalación que adoptasen medidas correctoras para evitar achegas contaminantes. Para iso, os responsables da empresa procederon á eliminación do bypass das augas residuais industriais, asegurándose a ausencia de verteduras irregulares a través deste punto, como verificaron os técnicos da Xunta nunha nova inspección.

Unha das verteduras contaminantes denunciadas
Unha das verteduras contaminantes denunciadas | Fonte: PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RÍA DE VIGO-CÍES

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta