'Produto de Allariz': exposición de rúa que pon en valor o traballo artístico e artesanal local

A exposición está repartida por 24 puntos do casco histórico e en cada localización atoparase unha lona na que se explica cada produto, oficio ou sector ao que pertence.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 22/03/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O pasado 17 de marzo quedaba inaugurada a exposición de rúa, "Produto de Allariz", asistindo as persoas protagonistas da mesma: artesás, produtoras e artistas; acompañadas por Cristina Cid e María López. Vinte catro lonas representan nesta exposición os proxectos repartidos por todo o Concello de Allariz.

Presentación da exposición 'Produto de Allariz'. Foto: Concello de Allariz.
Presentación da exposición 'Produto de Allariz'. Foto: Concello de Allariz.

Segundo explicou Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz, “esta exposición non sería posible se Allariz non contara cunha rede importante de produtores e produtoras, con artesáns e artesás e con artistas que fan posible este Allariz que coñecemos na actualidade”.

Todos estes proxectos son froito de moitos anos de traballo, a medio e longo prazo, de artistas e artesáns locais que apostaron e apostan por sectores singulares e diversos creando riqueza e asentando poboación no rural. Así, pois, esta exposición ao aire libre, e repartida por 24 puntos do casco histórico, vén recoñecer o seu labor e dalos a coñecer entre os e as visitantes que se acheguen á vila do Arnoia. En cada localización atoparase unha lona na que se explica cada produto, oficio ou sector ao que pertence.

“Esta mostra reflexa a potencialidade do produto e da artesanía local, produto de calidade de proximidade, que certifica a nosa autenticidade e pon en valor a calidade do mesmo”,  explicaba María López, concelleira de Promoción Económica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta