Segue o goteo de mortes pola Covid; catro máis nos últimos días

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2023 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

A morte de catro persoas nos últimos días elevou a 4.095 o número de falecidos con covid en Galicia desde que se iniciou a pandemia, segundo datos publicados este martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

En concreto, o pasado venres faleceu un home, de 84 anos de idade da área sanitaria de Santiago-Barbanza. Ademais, o sábado morreron dúas mulleres, de 87 e 91 anos de idade e das áreas sanitarias de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos e de Vigo, respectivamente. Ademais, o domingo faleceu unha muller de 100 anos de idade de Vigo. Todas estas persoas tiñan patoloxías previas.

Pola súa banda, na actualidade o número de pacientes con esta infección é de 999, o que supón un descenso de máis de 60 persoas en comparación co luns. Deles, seis persoas están en camas UCI e 177 hospitalizados en unidades convencionais.

Sanitarios nunha ambulancia trasladando pacientes con covid-19 dunha residencia a un hospital
Sanitarios nunha ambulancia trasladando pacientes con covid-19 dunha residencia a un hospital | Fonte: Santi Alvite

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta