Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/03/2023 | Actualizada ás 17:16
Un gran buraco acaba de aparecer na AC-543 Santiago-Noia, despois da rotonda de Augas Santas na saída de Rois do Corredor Brión-Noia. Así o anunciaron varios condutores que tiveron que parar para sinalizar a gran fochanca de máis de dous metros de diámetro.
Os automobilistas informaron a Emerxencias desta situación e alertaron de que a enorme fochanca podería ir a máis dado o delicado estado do firme nesta parte da estrada.
Dadas as dimensións do buraco, e a posibilidade de que se agrande, as forzas da orde interromperon completamente a circulación de vehículos na estrada e habilitaron o desvío á CG-1.5 --corredor de Brión-- nas saídas 15 e 19, mentres duren os labores para restablecer as condicións de seguridade, que poderían durar varios días.
A AC-543 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Santiago de Compostela e Barro (Noia), logo de 31 quilómetros.
Podes ver o vídeo na nosa conta de Instagram:
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Estafan case 50.000 euros a un concello do Barbanza a través de Internet
- A colaboración cidadá remata cun punto de venda de droga en Santiago
- Unha tromba de auga provoca inundacións no centro de Ourense, en Barbadás e O Carballiño
- O ano hidrolóxico terminará cun 22% de déficit de choivas, segundo un novo sistema de predición do Miteco
- O BNG de Ourense denuncia ante Fiscalía os audios do irmán de Baltar e pide que se investiguen
- A USC organiza en xullo unhas xornadas educativas para sensibilizar sobre incendios