Outro coche invade a terraza dun bar na Merca, en Ourense, deixando dous feridos, un de consideración

Ao igual que pasou en Vilaboa, ao arrincar o coche, o condutor confudiu a marcha e acabou invadindo a terraza

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/03/2023 | Actualizada ás 15:40

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas, unha delas de consideración, ao invadir un coche a terraza do bar no que se atopaban no municipio ourensán da Merca. O accidente tivo lugar ás 12,20 horas na terraza exterior dun establecemento hostaleiro da Machica, segundo trasladou a Garda Civil de Ourense.

O vehículo atopábase estacionado nas proximidades do bar. Ao arrincar o coche, o condutor confudiu a marcha e acabou invadindo a terraza, onde estaban as persoas que resultaron arroiadas.

As vítimas foron evacuadas en ambulancia ao centro hospitalario da Carmen, un deles con feridas de consideración. Este suceso prodúcese días despois da morte dúas persoas nun atropelo múltiple o pasado venres en Vilaboa (Pontevedra), ao saírse da vía un coche e irromper na terraza dun bar.

Este sinistro produciuse cando o condutor do coche implicado perdeu o control do vehículo ao tratar de aparcalo e acabou chocando contra as mesas do bar Chancho, en Santa Cristina de Cobres, deixando a catro persoas feridas.

Dúas persoas resultaron feridas, unha delas de consideración, ao invadir un coche a terraza do bar no que se atopaban no municipio ourensán da Merca. GARDA CIVIL OURENSE
Dúas persoas resultaron feridas, unha delas de consideración, ao invadir un coche a terraza do bar no que se atopaban no municipio ourensán da Merca. GARDA CIVIL OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta