Concentración de funcionarios de gardacostas para pedir coeficientes reductores de cara á xubilación anticipada

En Galicia prestan servizos neste sector "unhas 250 persoas, das que 100 son funcionarios".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2023 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

Os funcionarios do sector dos gardacostas concentráronse este xoves fronte á Consellería do Mar en Santiago, coincidindo coa reunión semanal do Goberno galego, para pedir que se recoñezan os coeficientes reductores para a súa xubilación anticipada.

O delegado da CIG de gardacostas de Vigo, Alexandre Prieto, explicou a Europa Press que en Galicia prestan servizos neste sector "unhas 250 persoas, das que 100 son funcionarios". Así, reivindicou que "os da privada si teñen dereito a estes coeficientes reductores".

Prieto puntualizou que traballadores da empresa privada e funcionarios públicos "teñen que pasar os mesmos recoñecementos médicos do Instituto Social da Mariña (ISM), así como contar con formación", pero "uns teñen xubilación anticipada e outro non". Desta forma, indicou que presentaron emendas á Lei de pesca "como vía para modificar a Lei da Seguridade Social" e que "todos os grupos parlamentar aceptárona, excepto o Goberno".

Nesta liña, resaltou que "está pedida entrevista" coa conselleira do Mar, xa que "estaba concedida, anulouse e agora estase á espera de que volvan chamar". Os traballadores públicos de sector de gardacostas convocaron outra concentración o vindeiro martes ás 10,30 horas diante da Subdelegación do Goberno na Coruña.

Funcionarios de gardacostas concéntranse en Santiago.
Funcionarios de gardacostas concéntranse en Santiago. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta