Por Galicia Confidencial | Muxía | 23/03/2023 | Actualizada ás 19:11
Unha planeadora de 12 metros de eslora apareceu este xoves envorcada na praia de Nemiña, en Muxía. Segundo informaron fontes da Policía Local deste concello, a embarcación pode levar algún tempo abandonada e o forte temporal que se rexistra no mar puido levala á praia.
A planeadora mantén algún motor, aínda que perdeu outros polos envites do mar. De feito, este tipo de embarcacións son as que se utilizan para transportar a droga á terra desde un buque nodriza que está en alta mar. Pode ter capacidade para case 3.000 quilos de droga e catro motores de 300 cabalos de potencia.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Allariz presenta unha completa programación primaveral para a mocidade
- Estes son os cinco obxectos de cociña deseñados para persoas con baixa visión
- Acción contra a fame atenderá a 180 desempregados no rural para que melloren as súas competencias
- Monforte potencia a Feira Medieval camiño de ser 'Festa de Interese Turístico de Galicia'
- Liberan a un home tras quedarlle unha perna atrapada no tractor en Padrenda
- Veciños de Santiago con problemas de mobilidade poden pedir axudas municipais para empregar taxis