Fracasa a retirada da narcoplaneadora de Nemiña ao non servir a grúa utilizada

Hai que agardar a chegada dun guindastre moito máis potente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2023 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

A narcoplanadora varada na praia de Nemiña, no municipio coruñés de Muxía, permanece na mañá deste venres no areal pendente da chegada dun guindastre de maior tonelaxe para proceder á súa retirada.

O dispositivo articulado na tarde do xoves tras o achado fracasou nos intentos para sacar da praia muxiá esta embarcación de máis de 10 metros de eslora e que conta con catro motores. Fontes da Garda Civil consultadas por Europa Press trasladaron que o guindastre mobilizado o xoves non tiña a capacidade de manipular a planadora debido ao seu peso.

Este venres está previsto que chegue ao areal de Nemiña un novo guindastre de maior tonelaxe para tratar de dar a volta á planadora, que se atopa boca abaixo, e proceder así á súa retirada da praia.

Planeadora atopada envorcada na praia de Nemiña, en Muxía
Planeadora atopada envorcada na praia de Nemiña, en Muxía | Fonte: remitida

Este tipo de embarcacións, de gran tamaño e potencia, son habitualmente utilizadas para descargar a terra sustancias estupefacientes e, a continuación, son abandonadas á deriva. O achado prodúcese só 10 días despois de que en Vilaxoán se localizara un 'narcosubmarino' que, crese, foi utilizado para introducir cocaína desde América en España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta