(Vídeo) Novo traballo de Boroa, folk galego con mesturas de swing, jazz ou ragtime

O grupo do Barbanza presentou O'Clásico Fol.

Por Galicia Confidencial | Ribeira | 26/03/2023 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O grupo do Barbanza Boroa, vén de sacar novo traballo, O´ Clásico Fol, liderado por Sabela Olivares na gaita, piano, pandeireta e voz acompañada por Suso Bello á guitarra e voz e Alberto Millán ao baixo.

O grupo de fok Boroa
O grupo de fok Boroa | Fonte: remitida

Boroa crea un mundo sonoro coa gaita como protagonista alén de fronteiras para achegar harmonías de diferentes xéneros musicais pasados polo filtro acústico: folk tradicional galego, swing, jazz manouche, ragtime. "Nesta viaxe con Boroa experimentaremos coa música contemporánea, o cinema, ou a potencia sonora e a velocidade da música bretoa e irlandesa", indican nun comunicado.

Segundo informan dende a formación ribeirense,  O` Clásico Fol trátase do "folk máis galego" e coa formación clásica da autora, que unha vez levada ao directo, "convértese nun espectáculo que combina pezas para o baile e un potente fin de festa cunha escolma da música contemporánea galega".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta