A praza de Padrón na que xogaba de pequeno Pepe Domingo Castaño xa leva o seu nome

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, eloxiou a figura do xornalista como "un dos principais embaixadores" de Galicia fóra da Comunidade

Por Europa Press / Redacción | Padrón | 25/03/2023 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, eloxiou este sábado a figura do xornalista Pepe Domingo Castaño como "un dos principais embaixadores" de Galicia fóra da Comunidade. O presidente galego participou na localidade coruñesa de Padrón nunha homenaxe ao xornalista, durante a cal se lle puxo o seu nome á praza do centro histórico na que xogaba de pequeno.

No transcurso do acto, Rueda dixo que Pepe Domingo Castaño é "un galego orgulloso das súas raíces" que sempre fixo "bandeira de onde é" e que leva o nome de Galicia por todo o mundo. "Posúe esa mente aberta, esa forma de ser que engancha a todo o mundo e nunca se esquece de que é galego", engadiu.

Ademais, o titular do Goberno galego exaltou a profesionalidade de Castaño, quen conseguiu un estilo propio de narrar e retransmitir que fan que sexa recoñecido e apreciado por diferentes xeracións de ouvíntes.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no acto con motivo do nomeamento en Padrón dunha praza dedicada ao xornalista Pepe Domingo Castaño
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no acto con motivo do nomeamento en Padrón dunha praza dedicada ao xornalista Pepe Domingo Castaño | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta