"Solucións vangardistas" a retos do futuro no programa Depoinnova

Recibe 72 propostas.

Por E.P. | VIGO | 27/03/2023 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O programa Depoinnova da Deputación de Pontevedra recibiu 72 propostas para dar resposta con "solucións vangardistas" a retos do presente e do futuro, segundo dixo a presidenta do ente provincial, Carmela Silva, na presentación de resultados desta iniciativa.

Así o sinalou Silva este luns na sede da Deputación en Vigo, onde indicou que a maioría destas propostas proveñen de Galicia, o que demostra que a comunidade "está á vangarda" e que nela hai "empresas innovadoras con xente talentosa e moito coñecemento".

Depoinnova vai dirixido a buscar solucións para seis retos "ambiciosos pero alcanzables", como a dixitalización do ciclo da auga, a xestión de residuos e economía circular, a xestión integral de infraestruturas provinciais, a transformación dixital da administración pública provincial, os programas sociais e de emprego e o Museo de Pontevedra.

Do total de iniciativas, seleccionáronse 23 coas que a institución provincial elaborou e deseñou a proposta para presentar á convocatoria de Compra Pública de Innvación que o Ministerio de Ciencia e Innovación abrirá no mes de setembro para propostas de máis de 5 millóns de euros.

"Isto demostra que estamos á vangarda e que temos empresas innovadoras con ente talentosa e con moito coñecemento, así como universidades, que tamén participaron neste proxecto", engadiu Silva.

Carmela Silva na sede da Deputación en Vigo
Carmela Silva na sede da Deputación en Vigo | Fonte: PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta