Sentury Tire dará prioridade á contratación de traballadores afectados polo peche da térmica das Pontes

A compañía nipoa prevé iniciar a construción da súa factoría nas Pontes antes de que termine o ano

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2023 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

O presidente a empresa Sentury Tire, Qin Long, avanzou que o obxectivo é iniciar antes de que termine o ano a construción da planta proxectada nas Pontes, onde se priorizará a contratación de persoas afectadas polo peche da central térmica de Endesa.

Así figura nun acordo asinado polo responsable da compañía nipoa co alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, durante a mañá deste luns na sede do consistorio local. En declaracións aos medios, o tamén presidente da Deputación da Coruña incidiu en que o concello está a disposición da multinacional para "facilitar a implantación da empresa na vila, prestando colaboración nas accións encamiñadas á habilitación do persoal e dándolle prioridade a tramitación de todas as autorizacións e permisos que sexan precisos para reducir os tempos o máximo posible".

Así pois, Sentury dará prioridade na contratación ás compañías auxiliares como aos transportistas do cabrón que traballaban coa central térmica e que tamén participarán nas accións formativas encamiñadas á selección de persoal.

González Formoso agradeceu ao presidente da compañía "a súa sensibilidade e compromiso cos traballadores do municipio e da comarca, afectados o peche da central de carbón".

OUTROS PROXECTOS

Por outra banda, o rexedor socialista detallou que "se trata dunha gran noticia para unha vila adoitada a recibir grandes proxectos industriais, que vai facer que As Pontes se converta nun motor industrial".

"Imos contar coa primeira fábrica de pneumáticos de Galicia e cunha das poucas de España que, xunto co proxecto da bioplanta de Ence e da planta de hidróxeno verde de Reganosa e EDP Renovables, vai permitir reactivar o porto de Ferrol e facer que As Pontes sexa un enclave industrial estratéxico para Galicia", resaltou.

O alclade das Pontes, Valentín González Formoso, e o presidente de Sentury Tire, Qin Long
O alclade das Pontes, Valentín González Formoso, e o presidente de Sentury Tire, Qin Long | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta