Compostela Aberta propón un concurso para ocupar os máis de 40 postos baleiros na Praza de Abastos

Irá acompañado dunha campaña de sensibilización e posta en valor da Praza de Abastos

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/03/2023 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

A concelleira de Compostela Aberta, Marta Lois, deu a coñecer este martes a moción que defenderá no próximo pleno municipal, que ten como obxectivo impulsar un concurso ocupar para os máis de 40 postos baleiros na Praza de Abastos.

Nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi, Lois explicou que a proposta ten como finalidade levar a cabo un concurso no que se prioricen "por unha banda, proxectos vinculados coa economía social e, por outra, aqueles que partan de colectivos en situación de desemprego de longa duración, nomeadamente mulleres".

Nesta liña, a concelleira de CA puntualizou que este proceso "deberá ir acompañado dun programa de axudas". Lois subliñou que o modelo turístico "non se pode impor á economía de proximidade" en Abastos e destacou que "é necesario ter postos de hostalaría na nave cinco, pero hai que lembrar os 40 postos baleiros no resto de naves".

Desta forma, detallou que este concurso "iría acompañado dunha campaña de sensibilización e posta en valor da Praza de Abastos" para "reverter a tendencia de que as prazas se convertan noutra cousa".

Ademais, insistiu en que este proceso se desenvolva coa participación activa do tecido veciñal, comercial e universitario, co obxectivo de que estes últimos "se convertan en clientes e en potenciais emprendedores".

A concelleira de Turismo de Santiago, Marta Lois
A concelleira de Turismo de Santiago, Marta Lois | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta