Unha xornada interuniversitaria profundará na submisión química e nas violencias sexuais

Organizada por USC, UDC e UVigo, desenvólvese en liña este venres 31 e abordará os protocolos de detección e a atención ás vítimas, entre outros contidos

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2023 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

A xornada interuniversitaria galega en materia de submisión química e violencias sexuais, organizada polas tres universidades públicas de Galicia, desenvólvese en liña este venres, 31 de marzo, a través de Teams. Para asistir é preciso formalizar o rexistro a través dun formulario electrónico.

Submisión química
Submisión química | Fonte: arquivo

A sesión abordará o protocolo de detección de casos de submisión química do Centro Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU), relatorio que correrá a cargo de Francisco José Aramburu Vilariño, director de Urxencias deste centro; a atención e acompañamento das vítimas de violencia sexual, a cargo de Paula Souto Castro, psicóloga da Oficina de Asistencia ás Vítimas dos Xulgados de Santiago de Compostela; o tratamento das violencias sexuais nos medios de comunicación e a cobertura mediática dos casos de submisión química, por Marga Tojo González de Xornalistas Galegas; e as chaves para comprender as violencias sexuais en contextos de ocio, intervención que correrá a cargo de Ana Burgos García, coordinadora do Observatorio Noctámbul@s sobre as violencias sexuais en contornas de ocio nocturno e consumo de drogas (FSC).

Ademais, este mércores 29, a Oficina de Igualdade de Xénero da USC impulsa, no Seminario Butler da Facultade de Filosofía, un seminario sobre diversidade afectivo-sexual que xa ten todas as prazas cubertas. A formación desta actividade está impartida polo centro Quérote+

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta