Prohibidas as queimas de particulares polas condicións meteorolóxicas

Non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso "a partir deste momento"

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 29/03/2023 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

A Xunta prohibiu as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia debido ás condicións meteorolóxicas. Destaca que "desde xa" non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso "a partir deste momento", segundo indica nun comunicado de prensa.

Só quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais, "debidamente planificadas" e xa que dispoñen de medios de extinción.

A decisión foi tomada, segundo informa a Consellería de Medio Rural, tras avaliarse a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados pormenorizadamente os indicadores técnicos que inciden no risco de lume.

A consellería pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e "denuncie calquera actividade delictuosa incendiaria da que teña coñecemento", xa que desde este mércores e "ata novo aviso" non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal para particulares.

Queima controlada autorizada pola Xunta de Galicia
Queima controlada autorizada pola Xunta de Galicia | Fonte: Axena

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta