A Xunta utilizará fondos Next Generation para impulsar o mercado privado e público da construción

Quere aumentar o parque de vivendas de aluguer en 1.800 ata alcanzar 5.600 en 2026.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2023 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

O Goberno galego analizou na súa reunión semanal as liñas estratéxicas en materia de vivenda en Galicia ata 2026. Cun investimento previsto de 250 millóns de euros, a Xunta proponse incorporar 1.800 novas vivendas ao aluguer social --ata alcanzar as 5.600-- e facilitar chan público para 1.000 novos pisos protexidos --o que suporía chegar a 3.000--.

Así o detallou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na comparecencia ante os medios posterior ao Consello da Xunta, na que precisou que este plan se financiará cun 70% de fondos da Xunta e o 30% restante a través dos recursos 'Next Generation'.

En canto ao detalle dos máis de 1.800 novos inmobles para aluguer social, a maioría, case un milleiro, construiranse a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). A elas sumaranse outras 260 de promoción privada con axudas autonómicas, 157 rehabilitadas no marco do 'Plan Rexurbe', outras 331 municipais (con achegas autonómicas) e 125 adquiridas a través da Sareb.

En canto á vivenda protexida, poranse a disposición de promotores privados ou cooperativas un total de 17 parcelas para construír máis de 1.000 novas vivendas e alcanzar as 3.000 en Galicia en catro anos.

Vivendas en construción
Vivendas en construción | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo

NOVAS PROMOCIÓNS

Tal e como explicou o presidente, o maior reforzo virá da man de obras de nova construción: "959 vivendas promovidas polo IGVS nas grandes cidades galegas, e outras 260, por promotores privados e concellos" grazas ás novas axudas convocadas en febreiro para edificar vivendas destinadas a aluguer social en edificios energéticamente eficientes.

Así mesmo, garantiu que se vai a seguir apostando pola rehabilitación a través de dous programas de éxito, como son o 'Rexurbe', creado en 2017 para comprar edificios en estado de abandono en centros históricos para rehabilitalos co fin de obter 157 vivendas; e as axudas para recuperar inmobles e edificios de propiedade municipal, que permitirán sumar ao parque destinado a aluguer social en concellos de menos de 20.000 habitantes 331 vivendas.

Ademais, a oferta inmobiliaria autonómica completarase coas 125 vivendas que a Xunta comprou ou vai adquirir a Abanca e á Sareb.

IMPULSO Á VIVENDA PROTEXIDA

En todo caso e de forma complementaria, a Xunta prevé dar "un gran impulso" á vivenda protexida, é dicir, aquela construída sobre chan residencial público pero promovida por empresas privadas ou cooperativas. Concretamente, a Xunta porá á disposición dos promotores interesados en facer vivendas de protección oficial o chan urbanizado que ten dispoñible: 17 parcelas con capacidade para máis de 1.000 vivendas.

Por outra banda, seguirase traballando no acondicionamento de chan en Vigo (con case 1.600 vivendas públicas e protexidas previstas en San Paio) e na Coruña (promovendo o cambio de uso a residencial de dous quinteros, en Xuxán, para incrementar en ao redor de 500 as vivendas proxectadas neste barrio). Así mesmo, planificaranse novos desenvolvementos de chan público da man dos concellos para destinalos a vivenda alí onde haxa demanda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta