Formoso insiste en eloxiar a valía de Gómez Besteiro e sinala que o PSOE "non deixa tirada á xente"

Volveu evitar pronunciarse sobre se Besteiro será o candidato á Xunta

Por E.P. | Vigo | 30/03/2023 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, insistiu este xoves en eloxiar a valía de José Ramón Gómez Besteiro e subliñou que o seu partido soportou "" diferentes vicisitudes ao longo dos seus 143 anos de historia porque "ten valores e principios, e non deixa tirada á xente".

Así o manifestou en declaracións aos medios, a preguntas dos xornalistas sobre a eventual presentación de Gómez Besteiro como próximo candidato socialista á presidencia da Xunta. O secretario xeral dos socialistas galegos eludiu pronunciarse sobre esa posibilidade e limitouse a constatar que, coa rehabilitación de Besteiro "acábase de facer xustiza cunha persoa coa que se cometeu unha inxustiza previa".

Sobre Gómez Besteiro, reiterou a súa "alegría" polo seu nomeamento como Delegado do Goberno en Galicia (en substitución de José Miñones, designado Ministro de Sanidade) e cualificouno como "gran persoa, gran compañeiro e gran amigo".

No que respecta á candidatura á Xunta, Valentín González Formoso botou ' balóns fóra' unha vez máis, e subliñou que o partido se atopa inmerso no proceso das próximas eleccións municipais de maio.

Nesa cita electoral, insistiu, o PSdeG xógase "seguir sendo forza hexemónica" nos concellos e seguir mantendo o contacto directo cos cidadáns que outorga a política máis próxima, que é a "política de calidade". "Por iso estamos tan centrados nesta etapa do 28 de maio", resolveu.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta