A Xunta expón a futura Lei do Litoral ante un dos maiores expertos europeos en dereito ambiental

A comunidade aspira a ser a primeira en regular a súa franxa litoral en toda a súa extensión

Por E.P. | Galicia | 30/03/2023 | Actualizada ás 16:33

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia compartiu esta semana os alicerces básicos da futura Lei de ordenación do litoral cun dos maiores especialistas europeos en dereito ambiental e colaborador de referencia neste campo para distintos organismos da UE, Michel Prieur.

Aproveitando a súa presenza en Galicia, as conselleiras de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e do Mar, Rosa Quintana, reuníronse o mércores co profesor Prieur para abordar o contido do proxecto lexislativo co que Galicia aspira a ser a primeira Comunidade en regular a súa franxa litoral en toda a súa extensión.

Tras incidir en que os obxectivos principais da lei son "ofrecer seguridade xurídica" e abordar a xestión integral da costa por "quen mellor a coñece", Ángeles Vázquez subliñou que se trata dunha norma crave para unha Comunidade que conta con 2.500 quilómetros de costa e 82 concellos litorais nos que residen 1,5 millóns de persoas, e na que o mar xoga un papel clave desde o punto de vista económico, patrimonial e social.

De feito, Rosa Quintana referiuse ao peso da cadea mar-industria na economía de Galicia e incidiu na necesidade de garantir a continuidade na franxa costeira de actividades que requiren da proximidade ao litoral para ser rendibles e que demostraron ser respectuosas co medio ambiente.

A Xunta presenta a Michel Prieur as bases da futura Lei do Litoral
A Xunta presenta a Michel Prieur as bases da futura Lei do Litoral | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta