Xunta e Concello de Teo asinan un convenio para a construción do novo centro de saúde

A dispersión actual da actividade asistencial en catro centros de dimensións reducidas dificulta a planificación de persoal tanto na dotación como nas substitución

Por E.P. | A Coruña | 30/03/2023 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Teo, Rafael Sisto, asinaron un convenio de colaboración para a construción dun novo centro de saúde no municipio.

No convenio, a Administración autonómica asume o compromiso de contratación do proxecto e obra, mentres que o concello adquire o de realizar todos os trámites patrimoniais e urbanísticos que sexan necesarios a fin de posibilitar a cesión da parcela, que contará con aproximadamente 10.460 metros cadrados, ademais de asumir a exención do IBI e dar á obra a consideración de especial interese municipal.

A dispersión actual da actividade asistencial en catro centros de dimensións reducidas dificulta a planificación de persoal tanto na dotación como nas substitucións, e faise necesario poder contar cun centro de saúde que tamén teña capacidade para poder incrementar a carteira de servizos, incorporando saúde bucodental, apunta a Xunta.

Aínda que inicialmente se prevía que o novo centro substituíse aos actuais de Cacheiras e Os Tilos, despois de manter unha reunión coa área sanitaria, o goberno local e os grupos políticos representados na corporación, chegouse ao acordo de cambiar a decisión e que o novo proxecto substitúa aos actuais centros de Cacheiras e Pontevea.

O novo centro de saúde finalmente construirase no lugar da Ramallosa, localización que se considera a mellor para poder atender á poboación dependente dos dous centros que se substituirán.

Convenio entre Xunta e Concello de Teo para a construción dun novo centro de saúde
Convenio entre Xunta e Concello de Teo para a construción dun novo centro de saúde | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta