Por Europa Press / Redacción | Ourense | 31/03/2023 | Actualizada ás 14:28
Un home de 53 anos, con iniciais J.P.G, foi trasladado en helicóptero medicalizado polos servizos sanitarios tras caer desde o tellado dunha vivenda situada no lugar de Cádavos, no municipio ourensán da Mezquita.
Segundo trasladou o 112 Galicia, a central de emerxencias tivo coñecemento deste suceso minutos antes do mediodía deste venres. Así, deu aviso aos servizos sanitarios, á Garda Civil e a Protección Civil da Mezquita.
O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ata o punto unha ambulancia de soporte vital básico medicalizada cun equipo de Atención Primaria e, a continuación, desprazou tamén o helicóptero medicalizado con base en Ourense, no que foi trasladado o ferido ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.