O Xacobeo Clarinet Fest, o festival para "consolidar o potencial" do Deza

Celebrarase en Lalín do 14 ao 22 de xullo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2023 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, reivindicou este sábado o papel do festival Xacobeo Clarinet Fest para consolidar "o gran potencial musical de Lalín e da comarca de O Deza.

Así se expresaba este sábado na presentación da nova edición que se celebrará neste municipio pontevedrés do 14 ao 22 de xullo co apoio da Xunta e para o que se abriu o prazo para participar.

O responsable de Cultura tamén puxo en valor a programación, para todos os públicos e con actividades complementarias que incluirá concertos, exposicións, conferencias e clases maxistrais realizadas polos artistas invitados.

Nesta cuarta edición, explican nun comunicado, contarase coa presenza de recoñecidos clarinetistas de diferentes nacionalidades e directores de orquestra e pianistas. Entre outros, está prevista a participación da Real Filharmonía de Galicia e o seu cuarteto Rosalía de Castro, a Banda de Lalín, e o Quinteto de Corda da Sinfónica de Galicia, entre outros.

Os concertos e clases maxistrais celebraranse en emprazamentos como a Praza da Igrexa, o Casino, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa, o Auditorio Municipal ou o Casino de Lalín. Os máis de 20 concertos, conferencias e exposicións serán de acceso gratuíto para o público en xeral.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participa na presentación do Xacobeo Clarinet Fest. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participa na presentación do Xacobeo Clarinet Fest. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta