Un galego, seleccionador angolano

O ferrolán Moncho López, actual adestrador do Dragon Force de Porto e ex do CB Breogán, fichará ata o 31 de agosto polo campión africano para disputar o Afrobasket'2015.

Por gcdeportes | Compostela | 11/02/2015 | Actualizada ás 08:56

Comparte esta noticia

Un novo obxectivo para Moncho López. O técnico ferrolán, ex do CB Breogán e da selección española, será o novo seleccionador de Angola. O actual técnico do Dragon Force portugués, de 45 anos, firmará ata o mes de agosto, cando se disputará en Tunes o Afrobasket'2015 (do 19 ao 30), clasificatorio para os Xogos Olímpicos de Río'2016.

Moncho López celebra unha vitoria co Dragon Force.
Moncho López celebra unha vitoria co Dragon Force. | Fonte: indoor.pt

Moncho López (Ferrol, 10 de xullo de 1969) está asentado no baloncesto portugués dende 2008, cando se fixo cargo da súa selección. No 2009 fichou polo Porto, co que chegou a ser campión de Liga. Tras un ano traballando na canteira do club, na tempada 2013-14 retomou o banco do equipo, rebautizado como Dragon Force, pero na Proliga (Segunda División).

A selección de Angola é a gran dominadora do baloncesto africano nos últimos tempos. Participou no pasado Mundial de España, gañando a Corea do Sur e a Australia con polémica. É ademáis a actual campioa de África, no torneo de Costa de Marfil'2013. Gañou sete dos oito últimos campionatos. Antes de marchar cara a Portugal, Moncho López adestrou o Xixón (2000-02), selección española (2002-03), CB Breogán (2004-06) e Sevilla (2006-07).

Segundo dixo o presidente da Federación de Angola no anuncio da fichaxe, Moncho López non era a primeira opción, pero foi o elexido trala renuncia de varios técnicos locais. Será o cuarto adestrador estranxeiro na historia en dirixir a Angola, co obxectivo de repetir título africano e clasificarse para as olimpíadas de Río'2016.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 eusi

Te era buena, un gayego ablando purtugués, ni que fueramos salvages!

1 spanish people are idiots

1 Txd2

Falaras portugues?

1 A vantagem dos galegos

Se é galego, sim. Se é gallego, não.