Detido un veciño do Carballiño por suposto delito de malos tratos animais

No termo municipal de Punxín, como un vehículo estacionaba nas beiravías dun viaduto, e un home tras realizar varios simulacros, acaba lanzando un "vulto" cara ao baleiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2023 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

Un veciño do Carballiño foi detido este xoves por un suposto delito de malos tratos animais, segundo informou a Garda Civil de Ourense nun comunicado. Os feitos tiveron lugar o martes, cando reciben unha chamada do centro de xestión de tráfico encargado da videovixilancia da Autovía AG-53, que alertaba de que durante a noite observaran a través das cámaras de vixilancia do viaduto do Viñao, no termo municipal de Punxín, como un vehículo estacionaba nas beiravías do viaduto, e un home tras realizar varios simulacros, acaba lanzando un "vulto" cara ao baleiro.

Comprobadas as imaxes, o vulto parece ser claramente un can dun tamaño mediano-grande, que ademais parecía vivo e realizaba o xesto de saltar o valo do viaduto. Trasládanse á zona da caída efectivos da GC de Carballiño e de Tamallancos, apoiados polo helicóptero do Servizo Aéreo da Garda Civil para a procura do que se supuña o cadáver do animal. Finalízase o dispositivo esa mesma mañá sen obter resultados.

Na tarde do día seguinte, mércores día 5, efectivos da GC de Carballiño realizaron outra procura pola zona, obtendo o mesmo resultado negativo. Ao redor das 20,30 horas do xoves, recíbese aviso duns senderistas comunicando que viron pola zona, mentres paseaban, a dous cans, un deles parecía estar ferido e con aparencia de estarabandonados.

Efectivos da Garda Civil localizan un animal de características similares ás do can lanzado desde o viaduto, ferido nunha pata dianteira pero consciente. Realízanse xestións para a comprobación da súa identidade e a mesma arroxou como propietario, a persoa que días antes o precipitou polas marxes do viaduto. Nese momento procedeuse ao traslado do animal a clínica veterinaria de urxencia para a súa avaliación. Posteriormente, detívose ao autor dos feitos e a súa posta a disposición xudicial.

Un dos cans maltratados. GARDA CIVIL DE OURENSE
Un dos cans maltratados. GARDA CIVIL DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta