Piden tres anos de cadea para o rexente dun club de Betanzos por un delito contra os dereitos dos traballadores

Tal e como consta no escrito de acusación do Ministerio Fiscal, na madrugada do 21 de xuño de 2019, no local achábanse traballando dous camareiros dados de alta na Seguridade Social.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2023 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

A Fiscalía pide para o home rexentaba un club de alterne no termo municipal de Sada, con partido xudicial na localidade veciña de Betanzos, acusado dun delito contra os dereitos do traballadores tres anos de prisión e unha multa de nove meses a razón de 25 euros diarios. O xuízo por estes feitos celebrarase o vindeiro mércores, día 12, na Audiencia Provincial da Coruña.

Tal e como consta no escrito de acusación do Ministerio Fiscal, na madrugada do 21 de xuño de 2019, no local traballaban dous camareiros dados de alta na Seguridade Social. Así, tan só constaba de alta unha persoa máis, en calidade de limpadora, que "nese momento non se atopaba no local".

No lugar, había outras "13 traballadoras realizando funcións de camareiras de alterne", das cales tres "carecían de permiso de residencia e traballo en España", algo do que o home "tiña coñecemento". As outras 10, desempeñaban a actividade "sen ser dadas de alta na Seguridade Social" polo acusado. O Ministerio Fiscal indicou que os feitos son constitutivos dun delito contra os dereitos dos traballadores no Código Penal, ao contratarse sen darse de alta na Seguridade Social.

Audiencia Provincial da Coruña
Audiencia Provincial da Coruña | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta