Levan á xustiza o procedemento de estabilización de emprego en Lalín

Segundo denuncia un dos aspirantes, a oferta de estabilización tiña irregularidades nas súas bases.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 12/04/2023 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

Un aspirante a varias prazas, incluídas na oferta de emprego público de estabilización do emprego temporal (OEPEET) de 2022 do Concello de Lalín, levou este proceso selectivo ao contencioso-administrativo, ao non estar de acordo cos informes dun “asesor xurídico externo” e a súa “consultoría”.

Concello de Lalín
Concello de Lalín

Segundo destaca este aspirante, Juan Esteban Méndez Leiva, nun comunicado remitido a Galicia Confidencial "a OEPEET e a súa corrección de erros adoecían de irregularidades". Tamén as bases aprobadas e a súa posterior convocatoria "arrastran e consolidan esa desfeita, e sitúan aos futuros titulares en inseguridade xurídica, por estabilizar prazas de Administración Xeral (AX) coma se fosen de Administración Especial (AE)".

Por outra parte, denuncia que as prazas relacionadas co deporte e a actividade física "foron incluídas en categorías profesionais diferentes, que contradín a Lei galega do Deporte, ou para o Coordinador de Deportes a única titulación válida é licenciatura/grao en Psicoloxía".

Segundo a persoa aspirante, a regulación é confusa pois mestura bases xerais e específicas (Anexos), prazas de concurso coas de concurso-oposición. Tampouco segue os criterios da FEGAMP ao non prever “exames non eliminatorios” ou “lista de agarda en todas as prazas”. Sumado a isto, tamén se denuncia que o Alcalde xa admitiu, expresamente, a recualificación dalgunhas prazas, a funcionarización doutras e o aumento de gasto.

O Xulgado do Contencioso-administrativo Número 1 de Elxe anulou a estabilización de 400 traballadores do Concello de Elxe, convocada tamén pola disposición adicional sexta da Lei 20/2021, porque o consistorio ilicitano valoraba catro veces máis a puntuación a un empregado municipal que a outro que non o era.

A sentenza paralizou todos os procesos de estabilización de Elxe, por incumprir o dereito de calquera persoa a acceder en condicións de igualdade a unha praza. O recorrente en Lalín non entende admitir a aspirantes sen a titulación esixida, ou a diferenza considerable de valoración da experiencia entre Lalín e outra administración pública, especialmente outra local, "que prexudica os intereses xerais dos traballadores".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta