A toma de augas en Boqueixón podería verse afectada por unha viña de 14 hectáreas segundo Arco Iris

Arco Iris tamén sinala que solicitou aos servizos de inspección "controles exhaustivos da explotación agrícola", así como a petición aos propietarios do viñedo do uso de "produtos ecolóxicos para o control de pragas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2023 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

A organización ecoloxista Arco Iris denunciou que unha viña e 14 hectáreas nas ribeiras do Río Ulla podería "pór en perigo" a calidade das augas captadas pola estación que abastece á poboación coruñesa de Boqueixón.

Segundo informa nun comunicado, "dada a situación da explotación e a súa gran superficie" a entidade instou á xefatura territorial de Medio Rural á "adopción das máximas medidas de control nesta viña enorme, que garantan o mantemento en óptimas condicións das augas de consumo doméstico no municipio".

Apunta, ademais, á "obrigación" de pór en coñecemento da organización ecoloxista "todos os estudos de efectos ambientais que se levaron a cabo". Arco Iris tamén sinala que solicitou aos servizos de inspección "controles exhaustivos da explotación agrícola", así como a petición aos propietarios do viñedo do uso de "produtos ecolóxicos para o control de pragas".

A situación desta nova explotación en pendente, explica, "non parece a máis adecuada porque en ocasións podería ser necesaria a aplicación de diversos tratamentos fitosanitarios que alterarían a calidade das augas de traída e mesmo consecuencias para a fauna e flora local".

"Estudos técnicos pon en evidencia que o viñedo é responsable de ata o 15% do uso de praguicidas no sector agrícola, mentres que representa unicamente o 3% da superficie agrícola total", remarca Arco Iris.

Viñedo de 14 hectáreas situado nas ribeiras do Río Ulla. ARCO IRIS
Viñedo de 14 hectáreas situado nas ribeiras do Río Ulla. ARCO IRIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta