Aberto o prazo de inscrición para o 'Fondo de proxectos culturais do Reino de Galicia' da Deputación da Coruña

O organismo provincial pecha este venres, día 14, o prazo para solicitar as bolsas para proxectos de investigación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2023 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña abriu o prazo para presentar as propostas ao II Certame 'Fondo de proxectos culturais do Reino de Galicia'. O período de inscrición finaliza o próximo 25 de abril.

Esta iniciativa destina 10.000 euros a cada un dos 20 proxectos que resulten premiados. Os traballos deberán versar sobre a historia, figuras, lugares e momentos do Reino Medieval de Galicia e poderán estar realizados en diversos soportes e formatos.

Doutra banda, o organismo provincial pecha este venres, día 14, o prazo para solicitar as bolsas para proxectos de investigación. O próximo 20 de abril, finalizará o das axudas para o perfeccionamento de estudos artísticos en centros de fóra de Galicia.

Noutra orde de cousas, a Deputación da Coruña anunciou que este martes, día 11, comezará 'Embaixadoxs Destino Europa'. Trátase dunha campaña en liña na que dez novos da provincia difundirán iniciativas da Unión Europea a través das súas redes sociais durante tres semanas.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta