O BNG reclama no Congreso dos Deputados a rexeneración da ría do Burgo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, cualifica a acción como "necesaria para actuar contra a contaminación mariña e manter as posibilidades de xerar riqueza económica".

Por E.P. | A CORUÑA | 10/04/2023 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, instou ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) a realizar "todas as actuacións necesarias" para a mellora da calidade das augas da ría de Betanzos.

Rego demandou a aplicación "de maneira urxente" de medidas de "depuración e saneamento" para permitir "o uso dos areais e a recuperación dos bancos marisqueiros".

Así o anunciou a formación nacionalista nun comunicado, no que lembra as emendas presentadas aos Orzamentos para iniciar un Plan de investimentos para o saneamento integral das rías de Galicia.

Unha iniciativa, segundo destaca, "necesaria para actuar contra a contaminación mariña, garantir a conservación da diversidade natural e manter as posibilidades de xerar riqueza económica".

Na ría de Betanzos, denuncia, están a realizarse vertidos "continuamente sen ningunha consecuencia" a pesar de estar incluída dentro da Rede Natura 2000 e na reserva da biosfera Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo. "Por agora, non se coñece ningunha medida por parte do Estado para solucionar o problema nun futuro póximo", engade.

O deputado nacionalista, Néstor Rego. BNG
O deputado nacionalista, Néstor Rego. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta