Os contribuíntes de Galicia, os que menos marcan a casa destinada á Igrexa na Renda

En 2021 foron tan só o 23,9% das presentadas, mentres que a media nacional está no 31,29%

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2023 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

O bispo da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos, realizou un chamamento aos contribuíntes de Galicia ao destacar que son "os que menos marcan a casa destinada á Igrexa nas súas declaracións da Renda", xa que en 2021 foron só "o 23,9% das presentadas, mentres que a media nacional está no 31,29%".

Nunha rolda de prensa na sede de Cáritas Diocesanas en Ferrol, en compañía do ecónomo desta diocese, Xoán Xosé Fernández, e a secretaria xeral de Cáritas en Mondoñedo-Ferrol, Marta Pazo; o bispo detallou que co prazo de confirmación do borrado da Declaración da Renda 2022 "se marcamos as casas 106 e 107 podemos elixir a que destinar parte dos nosos impostos, en concreto á Igrexa católica e a entidades de fins sociais".

É por iso que realizou "unha invitación á cidadanía, a que poña as dúas cruces" e destinar así o 0,7%, "o 1,4% en total, a iniciativas de tio social". O representante da Igrexa tamén detallou que "hai moitas declaracións que quedan en branco e estímase que un 36% das declaracións que se realizan en Galicia non pon ningunha cruz, nin a favor da Igrexa nin a favor das entidades de fins sociais", e que desta maneira fan que "o Estado sexa o que decida sobre esa imputación dos seus impostos".

DESTINO

Monseñor García Cadiñanos xustificou o que se destine este 0,7% á Igrexa porque "realiza actividades de tipo cultural, de tipo social, de tipo de valores e tamén ao ben común da nosa sociedade".

Pola súa banda, o ecónomo Xoán Xosé Fernández detallou que, en caso de marcar as dúas casas, "o que estamos é decidindo sobre o destino dunha parte dos nosos impostos e non por iso vaise a pagar máis, xa que vai ser o que nos corresponda, en función dos criterios do imposto sobre a renda, cada un paga o que lle corresponde e devólvenlle tamén o mesmo".

Marta Pazo manifestou que parte dos seus recursos veñen destas achegas, xa que "o 20% dos fondos económicos proveñen destas achegas e estes recursos investímolos en distintos programas de acción social, como é as axudas de emerxencia, a familias máis desfavorecidas, ao traballo que realizamos cos nenos e adolescentes a través dos nosos programas".

Ademais, incidiu en que "non se pode esquecer que hai outra parte moi importante da acción de Cáritas que tamén se realiza coa achega da X procedente da Igrexa católica". Así, en 2022, o 24% dos recursos que se empregaron para acción social provén directamente da Igrexa", e por iso manifestou que "é bo que a cidadanía marque a dobre X e así achegar o 1,4% dos impostos en todo este labor social".

Facenda, Axencia Tributaria, declaración da Renda
Facenda, Axencia Tributaria, declaración da Renda | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 lad

Tamén a cruz na casa da Igrexa financia a cova da Cope e Trece tv