Un home de 39 anos morre mentres nadaba na piscina municipal de Narón

Este home, natural de Narón, estaba nadando con normalidade cando de súpeto se precipitou ao fondo da piscina.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2023 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Un home de 39 anos, usuario do Centro de Atención a Discapacitados (CAD) Souto de Leixa de Ferrol, faleceu, sobre as 13,30 horas deste mércores, mentres se atopaba nadando na piscina municipal do Narón, situada na Gándara.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, este home, natural de Narón, estaba nadando con normalidade cando de súpeto se precipitou ao fondo da piscina.

Sacouno da auga a socorrista, á vez que se reclamaba asistencia a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tentando a súa reanimación coa utilización dun desfibrilador das propias instalacións, algo que non foi posible.

Á zona desprazouse unha comisión xudicial que autorizou o levantamento do cadáver, que foi trasladado ao Hospital Naval de Ferrol para realizar a autopsia, que determinará a causa do falecemento, aínda que as primeiras hipóteses apuntan a un paro cardíaco.

As INSTALACIÓNS ESTIVERON PECHADAS UNHAS HORAS

Tamén acudiron ao lugar unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes da Policía Local de Narón e Policía Nacional.

Tras rexistrarse este incidente as instalacións permaneceron pechadas durante unhas horas, reabrindo sobre as 16,00 horas.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta