Carmela Silva cualifica de históricos os datos sobre turismo nas Rías Baixas durante a Semana Santa

Nesta ocasión analiza por separado a ocupación en toda a Semana Santa e especificamente a rexistrada entre o Xoves Santo e o Domingo de Resurrección.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2023 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou os datos "históricos" do turismo na provincia durante a Semana Santa, que cualificou de "espléndida". Nunha comparecencia celebrada este venres, detallou que a ocupación media na provincia foi do 75,2% entre o 6 e o 9 de abril e do 68,5% en toda a semana. Son 13 puntos máis que no ano 2022, polo que considerou que se volve "ás cifras turísticas prepandémicas, que indican a recuperación do sector".

Nesta ocasión os datos ofrecidos por Turismo Rías Baixas diferencian a ocupación nos hoteis de maior categoría daqueles con menor nivel e tamén analiza por separado a ocupación en toda a Semana Santa e especificamente a rexistrada entre o Xoves Santo e o Domingo de Resurrección. "Así, durante toda a Semana Santa a ocupación media na provincia nos hoteis de maior categoría foi do 70,4% e ata o 86% de xoves a domingo", dixo.

Por comarcas e durante toda a semana, na de Pontevedra rexistrouse un 61,2% de ocupación (69,2% nos hoteis de máis categoría); Vigo 73% (76% hoteis de máis categoría); O Salnés 70,2% (75,2% hoteis de máis categoría); Caldas 69% (70,2% hoteis de máis categoría); O Morrazo 69% (69,5% hoteis de máis categoría); Condado-A Paradanta 68% (69,2% hoteis de máis categoría); Baixo Miño 62,2 (70,4% hoteis de máis categoría); Deza-Terra de Montes 62,4 (65,4% hoteis de máis categoría).

Por comarcas pero de xoves a domingo, na de Pontevedra rexistrouse un 71% de ocupación (81% nos hoteis de máis categoría); Vigo 80,4% (87,4% hoteis de máis categoría); O Salnés 82% (86% hoteis de máis categoría); Caldas 83% (86% hoteis de máis categoría); O Morrazo 74% (79,3% hoteis de máis categoría); Condado-A Paradanta 70,5% (75,5% hoteis de máis categoría); Baixo Miño 73,1 (83,1% hoteis de máis categoría); Deza-Terra de Montes 65,1 (73,1% hoteis de máis categoría).

En canto á cidade de Pontevedra, a ocupación media durante toda a semana foi do 70% (65,5% en hoteis de máis categoría) e de xoves a domingo 76,5% (80,5% en hoteis de máis categoría). En Vigo a ocupación media durante toda a semana foi do 70,3% (77,3% en hoteis de máis categoría) e de xoves a domingo ascendeu ao 80,4% (90% en hoteis de máis categoría).

No turismo rural os datos foron superiores a 2022, cun 53% de ocupación en toda a Semana Santa e do 70% entre o xoves e o domingo. Isto supón 11 e 3 puntos máis, respectivamente. No caso das vivendas turísticas a ocupación media foi do 75% durante toda a semana e do 85% entre o xoves e o domingo. A presidenta da Deputación tamén ofreceu os datos turísticos positivos rexistrados nas fortalezas do Castelo de Soutomaior e no de Sobroso, con 4.281 visitantes durante a Semana Santa.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, en rolda de prensa
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, en rolda de prensa | Fonte: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta