Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2023 | Actualizada ás 20:40
Un operario dun pesqueiro resultou ferido ao caer desde a cuberta do barco no porto de Camariñas.
Segundo informa no seu último parte a Central do 112, o home precipitouse desde unha altura de dous metros no interior da embarcación, que estaba en dique seco, mentres estaba á reparar.
O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente laboral sobre as 17,45 horas desta tarde, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
A partir de aí, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e da Policía Local, que indicaron ao 112 Galicia, desde o lugar dos feitos, que o operario estaba ferido nunha perna.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.