Morre unha persoa atropelada en Fene por un tren da liña A Coruña - Ferrol

O incidente aconteceu ás 18,45 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2023 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Unha persoa faleceu este domingo no municipio coruñés de Fene tras ser alcanzda por un tren de pasaxeiros que cubría a liña entre A Coruña e Ferrol, á altura da parroquia de Limodre.

Nestes momentos, informa o 112, os equipos de emerxencias e seguridade traballan para restablecer no menor tempo posible a circulación ferroviaria, que permanece cortada no punto. 

Ás 18,45 horas, o persoal de seguridade de ADIF explicou ao 112 Galicia que un tren que percorría o traxecto entre A Coruña e Ferrol alcanzara unha persoa á altura de Limodre, en Fene.

Tren Alvia
Tren Alvia | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta