Un falecido e 38 feridos en accidentes de tráfico na fin de semana en Galicia

Houbo 37 sinistros.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 17/04/2023 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

Os profesionais de Urxencias Sanitarias-061 atenderon a 38 persoas feridas e 1 falecido nos 37 accidentes de circulación rexistrados nas estradas galegas ao longo do pasado fin de semana. Segundo os datos de Urxencias, o domingo foi o día con maior número de sinistros, cun total de 15.

Pontevedra e A Coruña foron as provincias con máis accidentes con 17 12, respectivamente; mentres que en Ourense houbo 6 e en Lugo, só 1. Das 38 persoas feridas, o 58% eran homes e o 42%, mulleres. Ademais, un 38% dos atendidos tiñan entre 45 e 59 anos. 

En 8 ocasións o feridos foron atendidos na propia estrada. Ademais, os recursos sanitarios mobilizados para a atención destes foron 46. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado acudiron a 7 accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 34 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 4 accidentes.

Persoal do 061 sae nun helicóptero medializado para atender aos feridos dun accidente
Persoal do 061 sae nun helicóptero medializado para atender aos feridos dun accidente | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta