'Catro lúas', o novo selo de Kalandraca enfocado na memoria histórica

Entre os primeiros títulos do selo están as obras os galegos Brais Lamela e Rexina Veiga, cuxas obras se traducirán ao castelán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2023 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

A editorial Kalandraka lanza o seu novo selo 'Catro lúas' coincidindo co seu 25 aniversario, co obxectivo de recuperar "clásicos imprescindibles" da literatura contemporánea e a publicación de novas autoras "con criterios de excelencia e valor simbólico". Baixo o lema 'Lecturas que aluman', o novo selo inicia o seu camiño coa publicación de catro obras, unha por cada colección coa que contará no seu catálogo: Poesía, Narrativa, Non Ficción e Nómades.

Kalandraka explicou que o selo publicará obras "de calidade literaria e estética para público adulto". Entre os principios básicos que rexerán estas coleccións están "sorprender e axudar a entender a complexidade do mundo actual", mostrando unha "sensibilidade especial" cara á memoria do histórica e unha mirada crítica cara ao presente.

PRIMEIRAS OBRAS DA COLECCIÓN

'Catro lúas' empezará coa publicación de catro obras, unha por cada un dos seus selos: Cancións (1921-1924)' de Federico García Lorca, con prólogo de Luís García Montero; Cardumen, da galega Rexina Veiga; Pisaremos as rúas novamente, de Vivian Lavín; e Non queda ninguén, do escritor galego Brais Lamela.

Imaxe promocional do selo 'Catro lúas'. KALANDRAKA
Imaxe promocional do selo 'Catro lúas'. KALANDRAKA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta