Arden dúas embarcacións atracadas en Cambados sen causar danos persoais

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2023 | Actualizada ás 09:57

Comparte esta noticia

Dúas embarcacións que estaban atracadas nun estaleiro de Cambados arderon de madrugada sen que houbese que lamentar danos persoais.

Ocorreu pouco antes das 2,00 da mañá deste martes preto da Ponte de Castrelo, segundo informa o 112 Galicia. Sobre esa hora, varios veciños chamaron á central de emerxencias para avisar de que dous barcos que estaban á espera dunha reparación estaban a arder.

Ambas estaban sobre a auga nunha zona de pouco calado pero amarradas a terra. Ademais, os alertantes indicaban que aparentemente ningunha persoa sairía ferida. Os xestores do 112 solicitou a intervención dos bombeiros de Ribadumia e de Protección Civil de Cambados, así como a colaboración da Garda Civil, Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia. Iso si, tras as inspeccións necesarias, os bombeiros descartaron que o incendio provocase danos na contorna marítima e só houbo que apagar o lume.

O incendio concluíu sen persoas feridas e con escasos danos materiais nun dos barcos --chapa e pintura--, mentres que o outro sufriu máis os efectos do lume na ponte de mandos e nas lonas, pero o itnerior conseguiuse salvar.

INCENDIO NUN ALPENDRE EN PONTECESURES

Ademais, tamén de madrugada, un alpendre situado no municipio pontevedrés de Pontecesures rexistrou un incendio polo que se tiveron que mobilizar servizos de emerxencia.

Arden dúas embarcacións nun porto
Arden dúas embarcacións nun porto | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta