Investigan ao condutor dun camión que circulou en sentido contrario pola A-55 tras sufrir un accidente

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 18/04/2023 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Pontevedra investiga ao condutor dun camión articulado que circulou en sentido contrario pola A-55, a autovía Vigo-Tui, tras sufrir un accidente.

En concreto, os feitos sucederon en pasado 12 de abril, cando a Central Operativa de Tráfico recibiu varias chamadas de condutores informando de que, á altura do quilómetro 10 da A-55, en Mos, sufrira un accidente un camión cisterna articulado, que fixera " a tesoira". A continuación, o condutor do camión seguira a súa marcha en sentido contrario ata unha gasolineira próxima, "pondo en evidente perigo ao resto dos usuarios da vía".

Coche da Garda Civil de tráfico xunto a un camión
Coche da Garda Civil de tráfico xunto a un camión | Fonte: Garda Civil

Unha patrulla do Destacamento de Tráfico do Porriño, así como o Grupo de Investigación e Análise de Tráfico, desprazáronse ao lugar, localizando ao camión articulado na estación de servizo. Alí identificaron o condutor como un home de 34 anos, ao que se investiga por un suposto delito contra a seguridade viaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta